O C.R. Mecos recibirá o premio á mellor traiñeiriña do ano

A embarcación grovense recollerá mañán o galardón na gala dos Premios Galegos de Remo, que se celebrará na vila de Marin.

mecos mondariz
O xurado decidiu premiar a gran temapada da embarcación do clube grovense.    FOTO: C.R. Mecos

A tarde de mañán será especial para o Club de Remo Mecos. A institución grovense será galardoada co premio ó mellor traiñeiriña masculina, na primeira edición da Gala do Remo, que se celebrará no auditorio do I.E.S. Illa de Tambo de Marín. O xurado decidiu entregar o premio á embarcación meca coma recoñecemento a gran tempada que realizaron os remeiros mecos.

Tamén serán premiados nestes Premios Galegos do Remo Concello de Marín Cabo de Cruz, que recollerá os premios nas categorías de mellor batel masculino, mellor traíña feminina e mellor traíña masculina. Pola súa banda o clube A Robaleira de A Guarda será premiada en catro categorías. Á súa vez, na gala haberá tempo para o recoñocemento da labor levada a cabo por personaxes como Joaquín Montero (mellor actuación internacional), Fernando Arias (mellor técnico), Ricardo del Río (mellor árbitro), ou Jesús Valverde (remo adaptado). Asemade, Manuel Parcero recollerá un galardón que premia a súa traxectoria deportiva.

Antes da Gala do Remo, máis de vinte embarcacións competirán na Rowing Cup Concello de Marín, cita que terá a categoría de Copa do Cantábrico e que se celebrará no peirao mariñense a primeira hora da tarde.

 

 

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.