Un gol de Nel da os tres puntos ó Unión

O conxunto meco impúxose ó Atios por 1-2 cun testarazo do xogador meco nos últimos minutos do encontro.

Momento no que Nel acada o gol que deu os tres puntos á U.S.D.    FOTO: U.S.D. de O Grove

Momento no que Nel acada o gol que deu os tres puntos á U.S.D. FOTO: U.S.D. de O Grove

O Unión foi de quen de rematar coa racha de derrotas que viña acumulando nas últimas xornadas. Onte, na súa visita ó conxunto porriñés da U.D. Atios, os homes dirixidos por Borja Burgos colleitaron unha victoria que permite ó equipo grovense coller aire e situarse na metade da táboa de clasificación.

As cousas puxéronse pronto de cara para o conxunto meco. Cando tan só transcurríran dez minutos de encontro, Felix adiantaba ós visitantes. A primeira parte desenvolveuse sen que houbera cambios no taboleiro de marcas. Na segunda parte, os porriñesen adiantaron as líneas e saíron en busca da igualada, que acadaron nos primeiros minutos do segundo acto grazas a Jorge. A igualdade foi máxima e semellaba que o reparto de puntos sería o resultado final. Pero nestas apareceu Nel, para, de potente remate de cabeza, batir a Miguel e conseguir tres valiosos puntos para a U.S.D.

Leave a Reply

Your email address will not be published.