Os equipos senior do Rasoeiro vencen con comodidade

As guerreiras mecas comezaron moi ben a Liga, cun balance de tres victorias e unha derrota.  

Momento do partido disputado contra o BM Viveiro.   FOTO: Rasoeiro BM

Momento do partido disputado contra o BM Viveiro. FOTO: Rasoeiro BM

Durante a pasada fin de semana os diferentes equipos do Club Rasoeiro Balonmán disputaron os seus respectivos partidos de liga, con resultados diversos. Os homes da categoría senior acadaron unha importante victoria na casa ante o equipo lucense do BM Vivieiro, co resultado final de 33 – 21. Pola súa banda, as guerreiras mecas, que tamén actuaron como locais, lograron impoñerse por un abultado 36 – 21 ó equipo olívico de Las Cinco Jotas Lavadores, no encontro que supuxo a estrea da nova equipación do conxunto meco.

As “guerreiras”lucindo a nova equipación. FOTO: Rasoeiro BM.

O resto de conxunto das categorías bases tamén disputaron duelos durante o sábado e o domingo. Os resultados colleitados foron os seguintes:

* Cadete Masculino, 2ª División: BM Ártabro 40 – 25 Rasoeiro BM

* Infantil Masculino, División de Honra: Rasoeiro BM 22 –  22 BM Lavadores “A”

* Infantil Feminino, Segunda División: BM Moaña 12 – 11 Rasoeiro BM

* Alevín Mixto “A”: Atlético Guardés 4 – 4 Rasoeiro BM

* Alevín Mixto “B”: Rasoeiro BM 3 – 5 Seis de Nadal “B”

* Benxamín Mixto “A”: Atlético Guardés 3 – 5 Rasoeiro BM

* Benxamín Mixto “B”: Descansa

Leave a Reply

Your email address will not be published.