O Club Golf La Toja acolleu o I Torneo Aldeas Infantiles SOS

Tras a disputa da competición, celebrouse unha cea benéfica na que se recaudaron fondos para a creación de fogares para os nenos máis desfavorecidos.

golf

Varios participantes do I Torneo Aldeas Infantiles Sos. FOTO: Club Golf La Toja.

O pasado sábado de 3 de Outubro celebrouse o primeiro torneo Aldeas Infantiles SOS, nas instalacións do Cub Golf La Toja. A competición foi organizada pola delegación galega da fundación e contou coa colaboración do restaurante Kabuki. Máis de 50 xogadores, divididos en dúas categorías (masculina e feminina), participaron na proba, que se disputou baixo a modalidade stableford.

Con 42 puntos, José Vázquez San Luis proclamouse vencedor do torneo na categoría masculina. Pola súa banda, a gañadora na categoría feminina foi amaya Recio Ahrendt, cunha tarxeta de 41 puntos. Ademais do seu correspondente trofeo, ámbolos dous gañadores recibiron un bono para unha estancia dunha noite nos hoteis Wellinton, de Madrid, e Westin, de Valencia. A maiores, tamén foron recompensados cunha cea para dúas persoas no restaurante Kabuki.

Unha vez rematada a competición golfística, celebrouse unha cea benéfica a favor de Aldeas Infantiles no restaurante do Club de Golf. Á cita acudiron máis de 90 comensais, que coas súas aportacións axudaron á fundación a conseguir o seu obxectivo, crear un fogar para os nenos máis desfavorecidos. Actos deste tipo mostran a cara máis solidaria do deporte.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.