Outro ano de exilio para a Dorna de Bronce

A ENT Dorna acadou unha nova victoria no Desafío Arousa. As embarcacións arousanas tamén foron as dominadoras na Regata do Marisco.

Dornas participantes na regata deste ano en dirección á Illa da Toxa.   FOTO: Amigos da Dorna Meca.

Dornas participantes na regata deste ano en dirección á Illa da Toxa. FOTO: Amigos da Dorna Meca.

O pasado sábado, dentro dos actos da Festa do Marisco, tivo lugar a Regata do Marisco 2015. Nesta competición naútica tomaron parte 15 dornas  chegadas de Portonovo, Cambados, a Illa e Vilanova. A pesares de que as prediccións anunciaban moita chuvia e vento forte do sur, finalmente só cairon unhas pingas e o deus Eolo apenas fixo acto de presenza. A cercanía á terra do campo de regatas, xunto coa marea e a pouca forza do vento, fixeron que a regata fose lenta, pero bonita de ver para os espectadores. Logo de dar dúas voltas ó circuito (porto – ponte da Toxa – Cabreira), as embarcacións da Asociaicón Arousana ocuparon as tres primeiras posicións do podium, sendo a gañadora “Xarandeira”, seguida de “Maristela” e “Rosalía”.

Durante a xornada dominical celebrouse o Desafío Arousa. Desta volta foi o turno das dornas a remo. Debido a imprevistos de última hora, as embarcacións procedentes de Portonovo non puideron asistir, polo que só dous equipos competiron na regata de remos a relevo, os Amigos da Dorna Meca e E.N.T. Dorna). Os participantes chegados da Illa de Arousa acadaron o triunfo, polo que a Dorna de Bronce continuará un ano máis  fóra do Grove.

Como peche da tempada de navegación en embarcacións tradicionais, durante o día de onte os amantes deste tipo de barcos xuntáronse para realizar un pequeno percorrido por augas mecas. O acto rematou cunha comida de confraternización.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.