Centos de atletas tomaron parte na XVII Carreira Popular Festa do Marisco

A proba meca, prevista para o pasado día 4 e aprazada por mor do mal tempo, tivo lugar onte aproveitando a festividade do Pilar.

Momento da carreira popular na categoría senior.   FOTO: C.D. Ría de Arousa

Momento da carreira popular na categoría senior. FOTO: C.D. Ría de Arousa

Onte celebrouse na vila grovense a decimosétima edición da Carreira popular do Marisco. A proba deportiva íase disputar o pasado día 4 de Outubro, pero por mor dos malas condicións climatolóxicas daquela xornada, a organización viuse na obriga de aplazar a competición ata onte, aproveitando a festividade do Pilar. A carreira contou cun gran número de participantes de moi diferentes idades, o que provocou unha gran afluencia de persoas nas inmediacións do paseo marítimo grovense dende primeira hora da mañá.

A proba atlética tivo lugar nun circuito mixto, cunha lonxitude de dez kilómetros, que percorreu diferentes partes da vila grovense, e no que se combinaba asfalto con zonas de terra. Na categoría senior masculina o gañador foi o atleta luso Nuno Costa, cun tempo de 32:30. A segunda posición ocupouna Hassan Lekhili, quen parou o crono en 33:10. O marinense Víctor Riobó tivo que conformarse coa terceira praza, rematando a a proba a 1:47 do vencedor.  Na categoría feminina o triunfo levouno a tedense Leticia Fernández, quen rematou a aproba nun tempo de 38:39. A segunda posición foi para Raquel Suarez, mentres que Uxía Pérez foi a terceira muller máis rápida na carreira meca.

RESULTADOS

http://www.galitiming.com/clas/MARISCO2015_GENERAL.pdf

Leave a Reply

Your email address will not be published.