Cardy está de volta

O cilista meco chegou onte ó Grove tras completar a distancia entre París e Santiago de Compostela nun reto deportivo que serviu de promoción para a Festa do Marisco.

Ricardo Sánchez conversando coas autoridades locais á súa chegada ó Grove.   FOTO: ADM

Ricardo Sánchez conversando coas autoridades locais á súa chegada ó Grove. FOTO: ADM

Pasadas as 14:00 horas daba entrada na Prazo do Corgo Ricardo Sánchez, “Cardy”, montado na súa bicicleta de piñón fixo. Á súa chegada foi recibido na Casa do Concello polas autoridades locais, familiares e amigos. Tras recorrer a distancia que separa a capital francesa de Santiago de Compostela, arredor de 1.800 kilómetros, e despois de 26 duras etapas, o cilista meco está de volta na casa. O obxectivo está cumplido. A xesta deportiva serviu como promoción de luxo para a Festa do Marisco que estes días estase a celebrar na vila meca.

Cardy chegou canso, pero feliz de regresar á súa vila, e con moitas anécdotas e vivencias que contar. Segundo declarou o ciclista grovense, a parte máis dura da súa particular odisea foi a mental, ó ter que afrontar tanto tempo en soidade. Tamén atopou dificultades pola escasa sinalización na parte francesa do camiño, o que provocou que se perdese nalgunha ocasión e tivera que recorrer máis distancia da estrictamente necesaria. As condicións meteorolóxicas tampouco axudaron a Ricardo Sánchez, xa que nas estapas finais sufriu o temporal que azotou o norte peninsular nos últimos días, o que engadiu unha dificultade extra ó reto.

Na parte positiva, os numerosos lugares que coñeceu durante a súa peregrinaxe. Vilas e cidades que de non ser por esta aventura, seguramente non visitaría na súa vida. Especial recordo guarda do municipio francés de Gargilesse ou Bourges e, xa na parte española, León e Pamplona.

Agora é momento de recuperar forzas, e que mellor xeito que degustar os platos con marisco que estos días inundan O Grove con motivo da Festa do Marisco.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.