Novo retraso na apertura do pavillón de Monte da Vila

Problemas burocráticos impiden a posta en marcha da instalación deportiva grovense.

As instalacións do actual pavillón de Monte da Vila son insuficientes e están quedando obsoletas . FOTO:mujerarbitroblogspot.com

A apertura do novo pavillón de Monte da Vila volveu a sufrir un novo retraso. Desta volta, a causa é de carácter burocrático. O problema xurdiu cando a coporación local tentou aprobar na xunta de goberno o cambio dunha partida de axuda da Deputación de Pontevedra para sufragar a compra de mobiliario e equipamento interior da nova infraestructura deportiva grovense, por unha cuantía que ronda os 50.000 euros. Pero a falta dun proxecto que xustifique dito cambio impediu a aprobación da partida. Polo tanto, ata que se redacta un documento no que se expliquen as razóns dos cambios pretendidos polo goberno grovense, non é posible a apertura do novo pavillón.

A pesar de que as obras no interior do edificio están completamente rematadas (xa foron colocados os asentos e a tarima), aínda faltan por colocar as canastas, as porterías e un marcador. Segundo apuntou o edil de Deportes do Concello, Santiago Meis, “agardamos que isto non retrase moito a apertura”. As novas previsións falan de que en mes e medio podería estar en funcionamento a esperada instalación deportiva,

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.