As dornas serán as protagonistas esta fin de semana no Grove

O sábado disputarase o Trofeo Festa do Marisco de Dornas a Vela. Para o domingo está previsto a celebración do Desafío Arousa.

A dorna "A Meca", dos Amigos da Dorna Meca, nunha foto de aquivo.   FOTO: Amigos da Dorna Meca

A dorna “A Meca”, dos Amigos da Dorna Meca, nunha foto de aquivo. FOTO: Amigos da Dorna Meca

Dentro dos numerosos actos enmarcados na programación da Festa do Marisco tamén haberá oco para as embarcacións tradicionais. Concretamente, a vinderira fin de semana está previsto que se celebren dúas competicións nas que as dornas serán as grandes protagonistas. Para quentar motores, na xornada do sábado, disputarase o Trofeo Festa do Marisco de Dornas a Vela. Esta regata servirá de preludio da gran cita que terá lugar ó día seguinte, domingo 11 de Outubro, o Desafío Arousa.

O Desafío Arousa é unha competición de carácter anual na que se enfrontan embarcacións de a Illa de Arousa, Sanxenxo e o Grove. A proba naútica terá lugar no campo de regatas ubicado entre o porto da vila meca e a ponte da Toxa. A tripulación gañadora obterá como premio un precioso trofeo que deberá custodiar ata a edición do vindeiro ano. A vixente campiona é a Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa, que tentará revalidar o título, pero non terá una doada tarea, pois as embarcacións locais dos Amigos da Dorna Meca farán todo o posible para lograr que o trofeo queda na casa.  O desenlace, este domingo.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.