O mal tempo obriga a suspender a Carreira Popular Festa do Marisco

O vindeiro luns 12 de Outubro será, case con total seguridade, a data elixida para a disputa da proba grovense.

Cartel publicitario da proba meca.

Cartel publicitario da proba meca.

A XVII edición da Carreira Popular Festa do Marisco que se ía celebrar onte finalmente tivo que ser suspendida por mor das adversas condicións climatolóxicas que reinaron durante todo o día. Todo, a pesar de que a organización da proba meca tentaron apurar as opcións para que se disputase a carreira. De feito, cando estaba a piques de darse a saída, dende Protección Civil comunicábase que a Xunta prohibía toda actividade deportiva ó aire libre na costa de Pontevedra como consecuencia das malas condicións meteorolóxicas. Nun primeiro momento, os máis de medio millar de corredores inscritos quedaron tristes polas novas, se ben na súa meirande maioría entenderon perfectamente que non era decisión da organización e que só seguían as ordes das autoridades, lóxicas por outra banda, atendendo ó temporal que azoutaba neses momentos ás rías baixas.

A pesar das recomendacións, foron moitos os atletas que decidiron, xa que estaban preparados e listos para a carreira, comezar a trotar polo circuito da proba grovense. Aínda que polo momento non está confirmado de forma oficial, estase a barallar o día 12 de Outubro, o vindeiro luns, coma a data na que se celebrará a carreira popular, aproveitando que esa xornada será festivo nacional e que non se afasta demasiado da Festa do Marisco. Dende a organización comunicouse que queda aberto o prazo de inscripción para tomar parte na carreira ou retirarse da mesma ata o vindeiro sábado.

Leave a Reply

Your email address will not be published.