A dorna “A Meca” vence na Regata Máster El Corte Inglés 2015 e proclámase campiona no II Campionato Galego de Clásicos

A embarcación pertence á Asociación Amigos da Dorna Meca.

dorna a meca

A pasada fin de semana a ría de Pontevedra encheuse de embarcacións de diferentes tipos, con motivo da celebración en Sanxenxo da Regata Máster El Corte Inglés 2015. Entre os moitos barcos participantes atopábanse dúas dornas pertencentes ós Amigos da Dorna Meca. A asociación grovense decidiu participar na proba naútica continuando coa su labor de divulgación das embarcacións tradicionais e as técnicas de navegación históricas en ámbitos diferentes ós que acostuma.

A regata consistíu en tres días de navegación, venres, sábado e domingo. No primeiro día de competición a dorna que leva por nome “A Meca” rematou en primeira posición na clase de embarcacións de vela cangrexa. A segunda posición foi para outra dorna meca, a “Sara O”, do Club Naútico de San Vicente. Na xornada do sábado “A Meca” mantivo o liderato da proba, mentres que a outra representante dos Amigos da Dorna Meca, a “Irmandiña”, rematou na segunda posición. O último día de competición, os barcos clásicos non saíron a navegar, polo que “A Meca” foi a gañadora da regata na súa clase, mentres que a “Irmandinha” rematou na cuarta posición.

A victoria na proba sanxenxina, xunto coa acadada con anterioridade na Regata das Illas atlánticas 2015 supuso que a dorna da Asociación Amigos da Dorna Meca, “A Meca”, se proclamase campiona do II Campionato Galego de Clásicos da Asociación  Galega de Barcos Clásicos e de Época (Agabace). Este gran resultado ten un mérito engadido, xa que a embarcación grovense foi construida no ano 1995 de forma artesanal, seguindo o deseño das naves xeiteiras propias da península meca. Por contra, os rivais ós que se enfrontou son barcos deseñados polos máis sobranceiros e famosos arquitectos navales do mundo.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.