A praia de O Carreiro acolleu a derredeira manga clasificatoria de O Isco

Tras a disputa de seis roldas, os tres representantes do clube grovense para o Campionato Provincial de Pesca surfcasting son: Mon Minguens, Manuel Ares e Javier López.

11722382_690351117737689_3256662493696043784_o
Foto de arquivo dun participante durante unha das mangas clasificatorias.    FOTO: Club Pesca Marítima O Isco.

O pasado sábado celebrouse na praia de O Carreiro a sexta e última manga clasificatoria para o acceder a disputar o Campionato Provincial. Os pescadores que tomaron parte na manga quedaron abraiados e non atoparon resposta ante as poucas capturas que se produciron nesta derradeira cita. A pregunta máis repetida ó longo da xornada foi “onde se meteron os peixes?”. Ante semellante panorama quen fora quen de conseguir pescar algo, xa tiña moito gañado para facerse coa primeira posición. Finalmente a victoria foi para José Antonio Mourelos, seguido de Manuel Ares. A terceira praza ocupouna o benxamín do grupo, Yago González, quen dará moito que falar no futuro. Esta tempada xa sorprendeu a propios e extranos cos bos resultados acadados.

Dende a disputa da primeira manga no areal de Montalvo, aló polo mes de Abril, ata a que tivo lugar hai uns días, pasaron seis meses nos que os pescadores participantes tentaron facerse cunha das tres prazas que dan acceso ó Campionato Provincial da modalidade surfcasting. Deste xeito os tres representantes do Club de Pesca Marítima O Isco serán Mon Minguens, Manuel Ares e Javier López. Na clasificación final Yago González acadou a terceira posición, pero a súa curta idade non lle permite tomar parte no evento provincial, polo que a súa praza foi ocupada polo seguinte clasificado.

CLASIFICACIÓN FINAL

Sin título-1
F
ONTE: Club de Pesca Marítima O Isco.

Leave a Reply

Your email address will not be published.