A Liga Galega de Fútbol Gaélico levanta o telón

Esta fin de semana terá lugar a primeira xornada do campionato. Os homes e mulleres do Mecos F.G. desprazaranse ata Santiago de Compostela para medirese ó Estrela Vermelha.

12011136_10207887443930506_4077490686366955137_n
M
omento dun encontro correspondente á primeira rolda do Campionato Pan-Europeo  celebrado a pasada fin de semana en A Estrada.    FOTO: A.G.F.G.

As vacacións de verán rematan para os practicantes do fútbol gaélico. Dende hai unhas semanas os homes e mulleres do Mecos F.G. estanse a preparar para afrontar o comezo da nova tempada. O momento da verdade chegou. A ansiada primeira xornada da liga galega disputarase esta fin de semana. Este ano a competición masculina terá dúas divisións. Na División 1 xogarán A Coruña Fillos de Breogán, Estrela Vermelha F.G., Irmandinhos A Estrada, o equipo grovense do Mecos F.G. e o Pontevedra Fútbol Gaélico. Na División 2 competirán os Ártabros de Oleiros, Auriense F.G., Braithreachas A Estrada F.G., Dorna F.G., Herdeiros de Dhais F.G. e Keltoi Vigo G.A.C.

Pola súa banda, a competición feminina contará coa participación de oito equipos que xogarán nunha única división: Ártabras, Auriense, Braithreachas, Estrela Vermelha, Fillas de Breogán, Irmandinhas A Estrada, Pontevedra e as mulleres grovenses das Mecas F.G.

Os equipos masculino e feminino do Mecos F.G. desprazaranse ata a capital galega para disputar os encontros desta primeira xornada. Os rivais a batir serán o equipos do Estrela Vermelha.

HORARIOS

Masculino D1:
ESTRELA – MECOS Campo As Cancelas (Compostela) Domingo 20 ás 18:00h
PONTEVEDRA – FILLOS Campo Príncipe Felipe (Pontevedra) Domingo 20 ás 13:15h

Masculino D2:
DORNA – BRAITHREACHAS Campo da Bouza (Illa de Arousa) Sábado 19 ás 19:00h
ÁRTABROS – AURIENSE Campo da Torre (A Coruña) Sábado 19 ás 15:00h

Feminino:
ESTRELA – MECAS Campo As Cancelas (Compostela) Domingo 20 ás 17:00h
PONTEVEDRA – FILLAS Campo Príncipe Felipe (Pontevedra) Domingo 20 ás 12:00h
ÁRTABRAS – AURIENSE Campo da Torre (A Coruña) Sábado 19 ás 14:00h

CAMPIONATO PAN-EUROPEO

A Estrada acolleu durante o pasado sábado a primeira rolda do Campionato Pan-Europeo, tanto en categoría masculina coma feminina. Equipos de diferentes lugares do continente desprazáronse ata o concello estradense para participar neste evento deportivo. Ante o inminente comezo da liga galega de fútbol gaélico foron moitos os equipos galegos decidiron tomar parte no campionato, xa que os rivais servían de boa pedra de toque para prepararse de cara á nova tempada.

Tras un xornada repleta de partidos, os holandeses do Amsterdam G.A.C. impuxéronse na categoría masculina. Na feminina as vencedoras foron as mulleres do Belgium G.A.A. Os clubes mecos tiveron que conformase coa 9º posición no caso masculino e a 10ª praza para ás féminas.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.