O campo de golf da Toxa acollerá o Torneo Campos&Rial esta fin de semana

Esta proba porá o punto e final ás competicións do mes de setembro nas instalacións grovenses.

Xogadores nas instalacións do clube de golf de A Toxa.   FOTO: Muñíz.

Xogadores nas instalacións do clube de golf de A Toxa. FOTO: Muñíz.

O campo de Golf La Toja acollerá esta fin de semana o Torneo Campos&Rial, cita patrocinada pola correduría de seguros do mesmo nome. A competición será a última que as instalacións grovenses albergue neste mes de setembro. A forma elixida para a disputa do torneo será o de 36 buracos en modalidade stableford. Os participantes serán divididos en dous grupos. O primeiro formado polos xogadores con handicap de xogo ata 15 e o segundo con handicap de 16 ata 28. O prazo de inscripción xa está aberto, polo que todo aquel xogador interesado en tomar parte no evento, e que cumpra os requisitos necesarios poderá participar unha vez aboada a tasa de 25 euros. A organización da proba repartirá os seguintes premios entre os xogadores que acaden a mellor clasificación:

Os dous primeros clasificados en cada categoría, así coma o primeiro clasificado scracht, senior e a primeira dama recibirán un trofeo de plata e un regalo. Na xornada do sábado haberá un coche para quen sexa capaz de envocar en un golpe o burato 8. Asemade terá premio o mellor approach no burato 14. Para a xornada do domingo resérvase premio ó mellor acercamento ós buratos 14 e 17. Durante a gala de entrega de premios, terá lugar un sorteo de materiais de golf entre tódolos participantes.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.