A Carreira Popular Festa do Marisco acada a súa XVII edición

A proba deportiva terá lugar o vindeiro domingo 4 de Octubre. A organización repartirá un gran número de premios entre os participantes.

carreira popular festa do marisco

Dentro dos actos programados na Festa do Marisco, o vindeiro domingo 4 de Octubre celebrarase a decimosétima edición da Carreira Popular Festa do Marisco. A proba deportiva, que xa se é todo un clásico, está organizada polo Concello do Grove e a Asociación de Deporte Meco (ADM) e poderán participar corredores de todas as idades, xa que haberá 9 categorías diferentes (prbenxamín, benxamin, aevín, infatil, cadete, xuvenil, senior, veterano A e veterano B). Os participantes máis pequenos comezarán a carreira a partir das 10:30 horas. O percorrido, que terá unha lonxitude de 10 kilómetros, será mixto. Comeza sobre asfalto, pois a saída situarase no Parque de Confín, no Paseo de Beiramar. Logo continua por terra, atravesando o Parque Forestal Illa da Toxa, segue por céspede polo campo de Golf La Toja e remata en asfalto novamente, ata a liña de meta. A organización habilitará duchas ó servizo dos corredores no Pavillón Náutico e no Pavillón dos Deportes ó finalizar a carreira.

A carreira popular meca tenta incentivar a inscripción na proba repartindo un gran número de premios entre os participantes mellor clasificados en cada unha das categorías. Os tres primeiros de cada categoría, a partir de infantil, recibirán un trofeo conmemorativo. Nos grupos de idade de prebenxamín, benxamín e alevín, o galardón consistirá nunha medalla. Para as categorías absolutas haberá premios en metálico, que van dende os 250 ata 50 euros para os cinco primeiros. Tamén se repartirán dúas noites de hotel no “Gran Hotel Talaso La Toja” e “Louxo La Toja”,  dúas cenas no afamado restaurante “Culler de Pau”, galardonado cunha estrela Michelín, tres paletas de mariscos, cinco kilos de mexilóns. Os tres primeiros clasificados nados no Grove recibirán un bono para gastar na Festa do Marisco. O mesmo premio levarán o primer atleta en categoría masculina e feminina procedentes de Portugal, así como o corredor de maior idade que remate a proba.

TRACK DO CIRCUITO

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=10794007

CATEGORÍAS E DISTANCIAS

PREBENXAMÍN ata 6 anos: 250 metros.
BENXAMÍN de 7 a 9 anos: 500 m.
ALEVÍN 10 e 11 anos: 1.000 m.
INFANTIL 12 e 13 anos: 1.000 m.
CADETE 14 e 15 anos:  1.500 m.
XUVENIL 16 e 17 anos: 1500 m.
SENIOR de 18 a 34 anos: 10.000 m.
VETERANO A 35 a 49 anos: 10.000 m.
VETERANO B 50 en diante: 10.000 m.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.