“Jalerna” vence na VIII Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo

A segunda e terceira posición foron para “Fuxe” e “A Rona”, respectivamente. Ambas embarcacións pertencen á Asociación Amigos da Dorna Meca. 

dornas porto meloxo
M
omento da VIII Regata de Dorna a Vela Porto Meloxo.    FOTO: Asociación Amigos Dorna Meca.
gañadores porto meloxo

As tripulacións gañadoras posando coas acuarelas de Carlos Besada. FOTO: A.A.D.M.

Durante a tarde do pasado sábado disputouse a oitava edición da Regata de Dornas a Vela de Porto Meloxo. Na organización da proba naútica traballaron a A Asociación Amigos da Dorna Meca, coa colaboración de Bar O Porto e Taberna Meloxeira. A participación de embarcacións non foi moi alta, debido a que algunhas dornas estaban participando na regata de Sanxenxo e a unhas inesperadas baixas de última hora. Finalmente tomaron parte na proba 15 embarcacións.

O comezo da proba foi puntual. Pasados uns minutos das catro da tarde, os tripulantes botaron a correr pola area do Porto para embarcar nas dornas. O percorrido da regata consistiu en dúas voltas a un circuito que pasaba polo Faro das Pedras, as bateas de Barcela e volta a Punta Moreiras. No ecuador da regata eran tres as embarcacións destacadas en cabeza:  ”A Rona”, a “Fuxe” e a “Jalerna”.

Finalmente foi a “Jalerna”, de A Illa de Arousa, a primeira en cruzar a liña de meta, situada no interior do Porto. A segunda posición e terceira posición estiveron ocupadas por dornas mecas, “Fuxe” e ” A Rona”, respectivamente. Tras a protocolaria entrega de premios, que consistiron nunhas acuarelas feitas polo artista Carlos Besadas, os participantes compartiron confidencias e anécdotas mentres repoñían forzas cun aperitivo a cargo dos colobarodores da proba, Bar o Porto e Taberna Meloxeira.

 

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.