A S.D. Amanecer estrea a categoría cun empate

O equipo grovense visitou ó U.V.C.D Candeán na primeira xornada de liga da Primeira Autonómica Galicia. O partido rematou 0-0.

FB_IMG_1441625797099
Expedición meca que se desprazou ata o campo de A Madroa.   FOTO: S.D. Amanecer

Primeira xornada de liga e primeiro punto no casilleiro do Amanecer. Os homes de José Ricardo Dios, na súa visita á A Madroa, a casa do U.V.C.D. Candeán, tiveron un estreo na categoría un tanto accidentado. Os de San Vicente prantexaron un partido duro, sen conceder nada ó rival. O camiño para lograr a permanencia, o obxectivo principal da tempada, pasa por xogar cada balón coa maior intensidade. E así fixeron os grovenses. O colexiado do encontro, Sergio Souto Prado, non lle agradou os modos empregados polos visitantes e amosou un total de nove cartóns para os xogadores visitantes.

No que se refire a xogo, o partido non tivo demasiado. Os futbolistas aínda non están ó seu mellor nivel e iso notouse. Foi un querer e non poder. Sen apenas ocasións claras remataron os primeiros corenta e cinco minutos. Tras o descanso, o encontro trabouse en exceso. Os xogadores visitantes paraban o xogo constantemente. O colexiado comezou a amosar amonestacións e así chegou a expulsión por dobre amarela de Iván Castro no minuto 60 de partido. Con media hora por diante a S.D. Amanecer quedaba cun home menos. A pesar da situación, os de San Vicente gozaron dun par de claras ocasións para adiantarse no taboleiro de marcas, pero os futbolistas dirixidos por José R.Dios non estiveron nada atinados. No tramo final os locais tentaron pechar ó Amanecer na súa área, pero sen moita fortuna. Os últimos minutos estiveron cheos de tensión. Aínda que os dous equipos querían gañar, pesou máis o medo a perder. Co resultado inicial chegouse ó final do encontro. Os dous equipos conformáronse co reparto de puntos.

Leave a Reply

Your email address will not be published.