O C-4 do Breogán gaña no I Trofeo Rías Baixas de Piragüismo

O C-4 mixto formado por deportistas do Breogán e do Betanzos gañou na súa modalidade por unha ampla diferenza. Na clasificación final por clubs, o Club de Mar Ría de Aldán fíxose co primeiro posto, seguido do Club Kayak Tudense e do Club Piragüismo Vilaboa. —  Carme Devesa volveu ser ouro na 5ª regata da Liga Provincial de alevín e benxamíns.

11046253_896051190472607_2895653663301995123_n
O C-4 mixto Breogán-Betanzos chegando na primeira posición ao Pavillón de Deportes Náuticos do Grove, final da proba.                     FOTO: C.M.D.C. Breogán

O domingo a festa do piragüismo trasladouse á Ría de Arousa, e con proba dobre. Se ben ás 10.00h daba comezo dende Vilanova e dende a Illa de Arousa a disputa do I Trofeo Rías Baixas, sería nese mesmo escenario vilanovés donde daría comezo, hora e media máis tarde (11.30h) a 5ª regata da Liga Provincial de Promoción. A primeira das probas, organizada pola Federación Galega de Piragüismo (FEGAPI) en colaboración cos concellos de Vilanova, Illa de Arousa, Cambados e O Grove (neste último onde finalizou a proba), reuniu a un total de 46 barcos de equipo, C-4 e K-4, ou o que é o mesmo, reuniu a 186 deportistas na liña de saída.

A única representación meca coa que contou a proba foi co C-4 masculino mixto formado por Tono Campos, Cristian Ribademar e Miguel Fermández, do Breogán, e con Juan Manuel Sánchez do Ría de Betanzos. Estaba previsto que este C-4 estivera composto integramente por palistas do Breogán, pero unha caída de Diego Romero na moto tivo como consecuencia unha lesión nun brazo que lle impediu competir, polo que foi o deportista do Betanzos, e compañeiro de Tono na distancia de Maratón, o que se sumou a este equipo.

 O resultado non puido ser mellor para estes rapaces. O C-4 mixto impúxose na súa modalidade, chegando ao Pavillón de Deportes Náuticos na primeira posición e con case un minuto de vantaxe sobre os segundos clasificados, do Club As Torres-Romería Vikinga, e dos terceiros, do Club Kayak Tudense. Na modalidade de K-4 feminina, un K-4 do Club de Mar Ría de Aldán-Hermanos Gandón ocupou a primeira posición, rematando na terceira posición as súas compañeiras. No segundo posto rematou o K-4 do Kayak Tudense. Na clasificación por clubs, foi o Club de Mar Ría de Aldán o que se fixo co primeiro posto.

Carmen Devesa volve ser de ouro na 5ª regata da Liga Provincial de alevíns e benxamíns

11903703_1252496444802173_1870208198889255887_nSe ás 10.00h do domingo case 200 palistas saían a competir nas augas da Ría de Arousa, pouco despois, máis de 500 deportistas das categorías benxamín e alevín se reuniron na disputa da 5ª regata da Liga Provincial destas categorías. Coma sempre, foron varios os deportistas cos que contou o Breogán na competición, destacando entre os resultados acadados o primeiros posto de Carmen Devesa no K-1 muller alevín “B”, categoría na que Valeria Oliveira foi quinta.

Os resultados acadados polos demais palistas do Breogán foron os seguintes:

K-1 HOME BENXAMÍN:
- Nacho Alfonso, 10º

K-1 MULLER ALEVÍN “A”:
- Marta Mourelos, 8º
- Carmen Cerviño, 22º
- Lola Cerviño, 35º

K-1 MULLER ALEVÍN “B”:
- Carme Devesa, 1º
- Valeria Oliveira, 5º
- Yolanda Oliveira, 10º

K-1 MULLER BENXAMÍN:
- Laura Piñeiro, 8º
- Aldara Gorrita, 18º

Leave a Reply

Your email address will not be published.