Amegrove participará na “Olimpíada do Remo”

A regata da Concha é a proba máis importante do remo de traíñas a nivel nacional. A tripulación grovense tentará acceder ás mangas finais. Para iso, debe rematar entre os sete mellores tempos na regata de clasificación.

11061298_922986927747610_3889399450475337269_o
Os remeiros grovenses disputan mañán a partires das 18:00 a regata de clasificación.    FOTO: Amegrove C.R.

O club de remo grovense Amegrove comezará hoxe a súa andaina na competición máis importante e prestixiosa do remo en traíña do calendario nacional, a Bandeira da Concha, tamén coñecida coma “a Olimpíada do Remo”. Son moitas as embarcacións que participan nesta competición, por iso é necesario disputar unha regata de clasificación para seleccionar as oito tripulacións máis fortes, que son as que loitarán por facerse coa ansiada bandeira. Os remeiros dirixidos por Diego Portela tentarán acadar unha das prazas que dan acceso ás regatas finais na manga clasificatoria que se disputarán esta tarde.

A partires das 17:30 as 11 embarcacións femininas loitarán por ser unha das catro tripulacións que disputen a regata final. Todas as quinielas dan como favoritas para acceder á final ás embarcacións de San Juan, Zumaia, Hibaika e Orio. Cando remate esta regata, chegará a quenda das tripulacións masculinas. Por mor do gran número de participantes, foi necesario dividir ós 24 barcos inscritos en dous grupos de 12, en función do nivel deportivo mostrado polas traíñas ó longo desta tempada. Os sete mellores disputarán as regatas finais xunto coa embarcación da cidade de San Sebastián, a Kaiarriba Donostiarra.  Deste xeito, os mexiloeiros quedaron encadrados no grupo B, xunto con Castropol, Ares, Mugardos, Deusto-Bilbao, Hibaika, Lekittarra, Oiartzungo, Ondarroa, Pedreña, Zarautz e Zumaia. No grupo A loitarán Astillero, Bermeo-Urdaibai, Cabo, Getería, Kaiku, Ondarribia, Orio, Portugalete, San Juan, Sanpedrotarra, Tirán e Ziérbana. Os pronósticos colocan na final a Hondarribia, Urdaibai, Orio, Tirán, Kaiku e San Juan. Segundo os entendidos, o sétimo clasificado sairá da parella formada por Cabo e San Pedro. Amegrove non aparece nas quinielas para clasificarse, pero os remeiros grovenses acoden á cita con moita ilusión, confiados nas súas posibilidades e coa lección aprendida do pasado ano, no que se quedaron ás portas de entrar nas regatas finais.

Os catro equipos femininos clasificados xunto coas oito embarcacións masculinas disputarán durante os días 6 e 13 deste mes as mangas finais para facerse coa Bandeira da Concha. En ámbalas dúas modalidades o gañador será a tripulación que mellor cómputo de tempo obteña da suma dos dous domingos.

HISTORIA DA REGATA

A Regata da Concha disputouse por primeira vez no ano 1879 como un acto máis dentro do programa de festas estivais de San Sebastián. A grande afluencia de público que acudiu a ver aquela primeira regata de traíñas animou ó Concello de Donostia a incluír este evento deportivo nos programas dos seguintes anos. Coa excepción de algúns anos a principios do século XX e durante o período da guerra civil, as regatas veñen celebrándose de xeito ininterrumpido ata a actualidade.

A tradición centenaria desta proba fixo que Regata da Concha sexa o evento deportivo do ano en Euskadi. O público ateiga ano tras ano Urgull, Igueldo, o Paseo Nuevo, o Muelle e A Illa, mesmo acode ós areais e utiliza todo tipo de embarcacións para seguir a proba, cando chegan os primeiros domingos de setembro. Todo isto a pesar de que a regata é televisado pola canle autonómica.

Leave a Reply

Your email address will not be published.