Amegrove proclámase campión da LGT-A

Os remeiros de Porto Meloxo impuxéronse na última proba do calendario e certificaron a súa vitoria na primeira división do remo galego. Cuarto título nos últimos seis anos.

FB_IMG_1441007008581

Era un mero trámite. A disputa da X  Bandeira Concello Pobra do Caramiñal serviu para confirmar que o Amegrove C.R. é o mellor club de remo da Liga Galega de Traíñas. A superioridade amosada polos remeiros ás ordes de Diego Portela durante esta tempada foi superlativa. Hai máis dun mes que o título estaba no peto dos grovenses, pero a relaxación nas últimas probas, unida a que o Amegrove xa leva pensando na Regata de La Concha algunhas semanas, fixeron que ata a última proba do calendario non puideran certificar a súa vitoria na LGT-A. Deste xeito, os remeiros grovenses engaden un novo título ó seu palmarés, xunto coas tres ligas gañadas de forma consecutiva nos anos 2010, 2011 e 2012.

A proba desta fin de semana, a última do calendario da LGT, disputouse en dúas mangas, a primeira celebrado durante a tarde do sábado e a segunda o domingo á mañá. En ámbalas dúas impúxose a embarcación mexiloeira. Ó remate da proba os remeiros do Amegrove recibiron dúas bandeiras: unha que acredita o seu triunfo na regata da Pobra do Caramiñal e outra que sinala ós grovenses como campións da LGT-A. Esta vitoria permite ós de Porto Meloxo participar nos paly-off de ascenso para acadar unha praza na Liga ACT, a primeira división do rema nacional, na que xa compiten tres embarcación galegas: Tirán, Cabo de Cruz e Samertolameu. Sen embargo, o gran desembolso económico que suporía disputar esta competición son demasiado elevados para as arcas do Amegrove, polo que case con total seguridade non acudiran á cita que se disputará en Bermeo e Portugalete os vindeiros 19 e 20 de Setembro.

Durante esta fin de semana, aproveitando a proba celebrada na Pobra do Caramiñal, tamén se celebraron os paly-off de ascenso para acceder á LGT-A. O C.R. Mecos, ó ser campión, xa lle correspondeu unha das prazas que estaban en xogo. A segunda destas prazas foi para os asturianos do Castropol, que nas regatas polo ascenso logrou impoñerse ás embarcacións de Perillo e Chapela, que competirán a vindeira tempada na LGT-B.

A LGT Feminina tamén puxo o punto e final á tempada coa disputa das dúas últimas probas. O sábado celebrouse a I Bandeira Feminina Concello Pobra do Caramiñal. As de Boiro impuxéronse, como ocorreu durante toda a tempada. Ó tempo que recibían a bandeira da proba arousá tamén lles foi entregada a bandeira que acredita o seu triunfo na I Liga Feminina de Traíñas, vencendo en tódalas probas disputadas. O domingo celebrouse a II Bandeira Baía de Mera, proba pertencente ás ligas LGT-B e LGT Feminina, e que tivo que ser aprazada por mor do mal tempo hai unha semana. Aínda que non había nada en xogo, os campións volveron a demostrar o porqué dos seus títulos e tanto C.R. Mecos como Cabo de Cruz venceron nas súas respectivas probas.

X BANDEIRA CONCELLO POBRA DO CARAMIÑAL LGT-A

X POBRA DO CARAMIÑAL

I BANDEIRA FEMININA CONCELLO POBRA DO CARAMIÑAL LGT FEMININA

I BANDEIRA FEMININA

II BANDEIRA BAÍA DE MERA LGT-B

II BAIA MERA

 

II BANDEIRA BAÍA DE MERA LGT FEMININA

MERA FEMININA

Leave a Reply

Your email address will not be published.