O Meco Fisipterapia Solpor xogará a fase previa a mediados de setembro

Os grovenses tentarán facerse con unha das tres prazas que dan acceso a competir na primeira división galega da categoría cadete. 

10845721_1048926725122608_8590025020975295763_o
O conxunto do C.B. O Meco Academia Oxford da categoría cadete masculina, durante a pasada tempada.    FOTO: C.B. O Meco

O conxunto cadete de o Club Baloncesto O Meco de O Grove, o Meco Fisioterapia Solpor, xa coñece o calendario da fase previa que disputará a mediados do vindeiro mes. En xogo, tres prazas para competir a vindeira tempada na primeira división galega da súa categoría, onde xogan os mellores clubs de comunidade. Nesta fase previa comezarán 15 equipos, divididos en catro grupos. Os rapaces grovenses están encadrados no grupo C, xunto con Peleteiro A e Muebles Victoria Barco. O primeiro partido enfrontará ós rapaces grovenses contra o conxunto compostelán do Peleteiro A, o vindeiro sábado 12 de Setembro. O seguinte venres os mecos recibirán no pavillón do Monte da Vila a Muebles Victoria Barco.

Deste xeito, comeza unha nova tempada para os cadetes do C.B. O Meco. O ano pasado realizaron unha boa liga regular pero na fase de promoción non foron quen de acadar o ansiado ascenso á máxima categoría galega. Desta volta os mecos agardan que a historia teña un final diferente.

Leave a Reply

Your email address will not be published.