Mecos proclámase campión da LGT-B

Os grovenses gañaron tódalas regatas da tempada. Na LGT-A  Amegrove tan só necesita un punto na última regata para ser primeiro. Na liga feminina o C.R. Cabo de Cruz acadou o título.

cronica-BUEU2Fin de semana intenso na Liga Galega de Traíñas. Tanto na xornada do sábado coma na do domingo, disputáronse as últimas probas nas tres liguiñas galegas de remo. Na localidade morracense de Bueu tivo lugar a XX Bandeira Concello de Bueu, proba organizada polo C.M. Bueu. Na primeira quenda remaron os catro últimos clasificados da xeral, é dicir, Bueu, Perillo, Vilaxoán e Coruxo, sendo estes últimos os dominadores da regata, marcando os mellores tempos e impoñéndose con claridade ó segundo e terceiro clasificado da manga, que chegaron practicamnete á vez. A pesares de remar ante o seu público, os de Bueu tiveron que conformarse coa última praza, a tónica habitual de toda a tempada. Semella que a categoría lle queda un pouco grande ó C.M. Bueu. O prato forte da xornada foi a segunda quenda, onde competiron as embarcacións máis fortes da liga, e á postre as que ocuparían as catro primeiras prazas da bandeira. Os dous primeiros clasificados da xeral, Amegrove e Mugardos, foron amonestados polos xuíces da proba logo de facer caso omiso das ordes para tomar a saída. A regata non defraudou e os asistentes puideron gozar dun gran espectáculo. A igualdade foi máxima e ata os últimos metros non se decidiu o vencedor. Mugardos acadou a súa bandeira seguida, e a terceira vitoria da tempada, deixando claro que chegan ó final da tempada nun momento de forma formidable. A segunda posición foi para Ares. Os grovenses do Amegrove remataron en terceira posición e Puebla na cuarta.

Na xornada seguinte disputouse a VIII Bandeira Concello de Ares. A mala climatoloxía condicionou a regata. De feito a proba tivo que suspenderse logo de finalizar a primeira manga. A forza do vento ía en aumento e a organización temeu pola seguridade dos remeiros, polo que finalmente decidiron suspender a regata e dala por finalizada. Ante a falta de datas libres para poder volver situar a regata, decidiuse dar por ganador da proba ó Coruxo, que acabo en primeira posición a única manga disputada. Asemade decidiuse que a proba non puntuase para a LGT e que os premios en metálico se repartisen a partes iguais entre os oito club participantes. Deste xeito, a embarcación grovense do Amegrove tan só necesita un punto na última regata para proclamarse campión da LGT-A.

LGT-Bmecos cs

O pasado sábado disputouse a XXVI Bandeira Concello de Cangas. As previsións meteorolóxicas non auguraban nada bo, sen embargo a regata disputouse baixo unhas condicións libres de vento e choiva. A primeira queda estivo moi disputada e a tripulación local acadou a primeira posición avantaxando en tan só un segundo a Cesantes. Na segunda quenda pasou o de sempre. O C.R. Mecos dominou de principio a fin e fíxose coa bandeira, seguido polos asturianos do Castropol.

Para o domingo estaba previsto a disputa da II Bandeira de Mera, pero por mor das adversas condicións climatolóxicas e con alerta amarela no mar, a organización e a LGT decidiron suspender a proba. Deste xeito o C.R. Mecos proclamouse campión da segunda categoría da Liga Galega de Traíñas tras realizar unha tempada fabulosa, dominando a categoría de principio a fin, acadando a vitoria en tódalas probas disputadas. Dez de dez, algo histórico e difícil de repetir.

LIGA FEMININA

A LGT feminina tamén quedou decidiu á tripulación vencedora esta fin de semana. Na xornada do sábado disputouse a XXVI Bandeira Concello de Cangas, na que se impuxeron as remeiras boirenses. A vitoria de Cabo de Cruz unido á descualificación da embarcación do C.R. San Martiño deron como resultado a proclamación como campioas da liga feminina das mulleres do C.R. Cabo de Cruz. Para o domingo estaba previsto que se disputase a II Bandeira de Mera, pero as malas condicións climatolóxicas provocaron que a proba fose suspendida. Únicamente resta por disputarse unha proba, á da vindeira semana en A Pobra do Caramiñal, aínda que o resultado tan só afectaría na disputa pola segunda praza da liga, ocupada nestes intres polas grovenses pero cunha vantaxe de tan só dous puntos sobre as remeiras do C.R. Chapela.

RESULTADOS

BUEU RES

 

CONCELLO DE ARES

 

CANGAS BUENA

 

CANGAS FEMININA

 

 

CLASIFICACIÓN XERAL DAS LGT

XERAL

Leave a Reply

Your email address will not be published.