Pretempada esixente para a U.S.D. de O Grove

En menos dun mes, os homes dirixidos por Borja Burgos disputaron 5 encontros contra rivais de diferente nivel e con resultados dispares.

Momento do encontro disputado o pasado domingo entre a U.S.D. e o Xuventú de Sanxenxo.    FOTO: U.S.D. de O Grove

Momento do encontro disputado o pasado domingo entre a U.S.D. e o Xuventú de Sanxenxo.          FOTO: U.S.D. de O Grove

Este domingo comeza a tempada para a U.S.D. de O Grove. O campo municipal de Monte da Vila volverá a acoller un encontro de Preferente Galega tras un tempo, que se fixo eterno, de desterro deportivo da categoría autonómica. Os homes dirixidos por Borja Burgos inauguran a liga contra un duro rival, aspirante a ocupar a zona alta da clasificación, o Céltiga C.F. Os futbolistas do Unión chegan a esta primeira xornada preparados e dispostos, logo de completar una pretempada pragada de amigables, que serviron para ir acoplando as novas fichaxes ó equipo, para que os futbolistas foran pouco a pouco collendo a forma e tamén para que o adestrador fora probando diferentes tácticas e combinación de xogadoras tentando atopar o once ideal.

A presentación pública do plantel tivo lugar o pasado 28 de xullo. Poucos días máis tarde, concretamente o domingo 2 de Agosto, chegaba o primeiro test da pretempada. O Villalonga, da Terceira División, visitou o Monte da Vila para disputar a duodécima edición do trofeo Concello do Grove. O encontro rematou con vitoria visitante por 1-3. Unha semana máis tarde, os homes ás ordes de Borja Burgos disputaron o trofeo Tecnolar contra os seus veciños da S.D. Amanecer. O derbi meco rematou con empate a un tanto. Na rolda de penaltis o gardameta da U.S.D. estivo atinado e conseguiu deter dous lanzamentos dos de San Vicente para darlle a o Trofeo Tecnolar ó Unión. O terceiro amigable, xogado entre semana, foi contra o Ribadumia, que competirá na Terceira galega. O resultado, derrota por 2-3.

O pasado sábado o conxunto grovense desprazouse ata Meaño para disputar o trofeo prefabricados Dena contra o Unión Dena C.F. Os azuis volveron cunha abultada derrota, por un contundente 3-0. Para o domingo organizouse un último partido de preparación contra o Xuventú de Sanxenxo, tamén da Preferente galega. Os grovenses venceron pola mínima. Con esta vitoria,ante un rival da mesma categoría, a U.S.D. de O Grove puxo punto e final ós amigables de pretempada. O vindeiro encontro xa será de competición. En xogo, os primeiros tres puntos da tempada. Logo deste esixente mes de preparación, os grovenses afrontan con ilusión o comezo da tempada, na que o obxectivo será acadar a permanencia na nova categoría.

Leave a Reply

Your email address will not be published.