A U.S.D. cae ante o Ribadumia

O equipo meco organizou un partido amigable contra o conxunto arlequinado, de categoría superior. O resultado final foi de 2-3.

O comezo da tempada está próximo. En pouco máis dunha semana disputarase a primeira xornada de liga e os equipos apuran estes días para tratar de pechar as plantillas e os adestradores intentan incorporar as novas fichaxes co resto da plantilla. Nestas atópase a U.S.D. de O Grove. Na súa preparación de cara afrontar o regreso á Rexional Preferente, o club grovense organizou onte un partido amigable no campo de Monte da Vila contra un rival de entidade, o Ribadumia C.F. que militará na Terceira División.

Os homes de Borja Burgos tiveron nos arlequinados unha boa pedra de toque para darse conta que clase de rivais atoparán nova categoría. Aínda que non se trataba dun partido oficial e o resultado a estas alturas da pretempada é secundario, os visitantes levaron a vitoria por un marcador de 2-3. Os goleadores locais foron Pedro e Javichu.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.