O Concello e o Rasoeiro organizan o I Torneo de Balonmán Praia

O vindeiro sábado 8 de agosto, terá lugar na praia da Lanzada (zona do Sanatorio), o primeiro Torneo de Balonmán Praia Concello do Grove, que organiza o goberno local xunto co club de balonmán meco Rasoeiro B.M. O prazo de inscrición remata o próximo xoves día 6. 

11825198_1649948391909439_3986853232531139742_n
Cartel promocional do evento.

O bo tempo e a calor non impiden practicar deporte, e menos cando este se realizan na praia, a dous pasos dun refrescante baño. Esta fin de semana, o areal da grovense praia da Lanzada volverá a ser o protagonista deportivo. O sábado durante todo o día celebrarase o I Torneo de Balonmán Praia Concello do Grove, organizado polo Concello grovense e o club local de balonmán Rasoeiro B.M. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro xoves 6 de agosto, data límite que teñen os equipos para realizar o ingreso de 80€ no seguinte número de conta: IBAN ES85 2080 5426 2730 4010 5946, indicando no concepto do mesmo o nome de equipo e un número de teléfono de contacto.

Cada equipo deberá estar formado por 10 xogadores, e admitiranse un máximo de 12 equipos, que serán escollidos por rigorosa orde de inscrición no caso de sobre pasar o límite. O sorteo dos equipos celebrarase unha vez pechado o prazo de inscrición, o venres 7 de agosto, ás 12.00h na Sala das Cunchas do Concello do Grove.

Os equipos do torneo competirán polos diferentes premios en xogo:

1º Clasificado: Trofeo e 400 euros.
2º Clasificado: Trofeo e 280 euros.
3º Clasificado: Trofeo e 180 euros.
4º Clasificado: 80 euros.

Xa sabedes, se queredes participar, aínda estades a tempo!

Leave a Reply

Your email address will not be published.