Fin de semana cargada de probas para os remeiros grovenses

Completa fin de semana queda por diante para os remeiros da Liga Galega de Traíñas. Se ben aos clubs inmersos na división B e feminina teñen proba única a disputar nunha xornada, II Bandeira de Chapela- Concello de Redondela, os clubs da LGT-A terán dúas probas diferentes ás que facer fronte: o sábado á XXI Bandeira Concello de Vilagarcía, e o domingo á XXIII Bandeira Concello de Vigo de Traíñas. As embarcacións masculinas grovenses, de Amegrove C.R. e C.R. Mecos, tratarán de conservar o liderado, mentres que a feminina, do C.R. San Martiño.

 11057446_874131855987123_2637049243779752079_n
Traíña do C.R. Mecos na disputa da XIII Bandeira Concello de Ferrol a pasada fin de semana.                                    FOTO: C.R. Mecos

Amegrove disputará dúas probas esta fin de semana

Amegrove C.R., da liga LGT-A, disputará dobre xornada esta fin de semana, ao haber programadas dúas probas diferentes para o sábado e o domingo. O sábado celebrarase a XXI Bandeira Concello de Vilagarcía, proba na que se verán as caras as embarcacións da división A. A competición arrancará ás 18.00h dende o peirao de Vilaxoán, e as traíñas deberán completar o percorrido composto por 4 longos de 1389 metros cada un. A proba disputarase en dúas quendas de 4 embarcación cada unha, e repartiranse 9.000€ en premios segundo os baremos establecidos pola LGT.

O domingo a partir das 12.00h celebrarase a XXIII Bandeira Concello de Vigo de Traíñas, regata que organiza o Club de Remo Coruxo. As embarcacións participantes repartiranse en dúas quendas con catro balizas cada unha, e a composición das mesas farase segundo os resultados da proba anterior. Entre os participantes repartiranse 9.000 euros, segundo o baremo establecido pola LGT, e ao remate da proba farase entrega da bandeira á embarcación gañadora. O percorrido será o habitual nesta regata, pasando por debaixo da ponte da Illa de Toralla, sendo a liña de saída a mesma que a de chegada.

Amegrove loitará con volver facerse coa primeira posición da proba, e conservar o liderado da clasificación, co que se fixo a semana pasada na disputa da primeira proba da Liga, tras impoñerse na casa na XXXII Bandeira Concello O Grove.

Mecos e San Martiño tratarán de vencer en Chapela

Pola súa banda, a embarcación masculina do C.R. Mecos, inmersa na LGT-B, e a embarcación feminina do C.R. San Martiño, un dos tres equipos que conforman a liga feminina, estarán o domingo en Redondela para disputar a II Bandeira Chapela-Concello de Redondela. A primeira proba en ser disputada será a feminina, a cal dará comezo contra as 11.30h, no lugar de Arealonga, ao remate da cal se fará entrega da bandeira á embarcación gañadora. Logo da proba feminina, contra as 12.00h, disputarase a proba masculina, ao remate da cal, igual que no caso das féminas, se fará entrega da bandeira ao club gañador.

Os remeiros de C.R. Mecos tratarán de conservar a primeira posición coa que se fixeron a pasada fin de semana tras a disputa da XIII Bandeira Concello de Ferrol (en dobre xornada). Pola súa banda, as féminas, que ocupan o segundo do ránking, loitarán por estrear o cadro de vitorias desta tempada, tras acadar un segundo posto na regata de presentación da LGT (puntuable para as féminas).

Leave a Reply

Your email address will not be published.