O equipo alevín da S.D. Amanecer acada o ascenso

Os rapaces do equipo grovense venceron 3-2 no partido de volta da final á A.C.D. A Seca. Deste xeito fixeron bos os tres goles feitos na ida e finalmente lograron o ascenso á primeira categoría da categoría alevín na modalidade de fútbol 8.

alevin amanecer
Formación do equipo alevín da S.D. Amanecer que acadou o ascenso á primeira categoría na modalidade de fútbol 8.                                 FOTO: S.D. Amanecer

O equipo en categoría alevín da S.D. Amanecer proclamouse campión da fase de promoción de ascenso á primeira categoría na modalidade de fútbol 8. Na eliminatoria final por acadar o ascenso, os nenos de San Vicente tiveron que enfrontarse ó conxunto capitalino de A.C.D. A Seca. No partido de ida os grovenses caeron derrotados no campo de A Reiboa por catro goles a tres. O resultado, a pesar da derrota, non era malo para encarar o partido de volta da eliminatoria, pois conseguir marcar tres goles a domicilio sempre é positivo. Sen embargo, vendo como fora o encontro, non se podía dar por bo, pois os rapaces do Amanecer chegaron a ir por diante no marcador 1-3 e viron como os pontevedreses lle remontaban o resultado en tres minutos fatídicos.

O venres 19 ás 19:30 horas xogouse o partido de volta no campo de As Lampáns. Os visitantes adiantáronse no marcador por dúas veces, pero Ángel e Fernando conseguiron devolver a igualdade ó marcador. O gol da vitoria e do ascenso para a S.D. Amanecer foi obra de Ángel, que volvía a perforar a meta defendida por Oliver. Cando o árbitro, Alejandro Castro Alarcón, decretou o final do partido o taboleiro de marcas indicaba o 3-2 definitivo. Remataba o encontro e comezaba a festa para os rapaces do equipo de San Vicente.

Leave a Reply

Your email address will not be published.