Os xuvenís da U.S.D. achéganse á final

O partido disputado entre o conxunto grovense e o San Martín C.F. correspondente á ida da semifinal da fase de ascenso para acceder á Liga Galega, saldouse coa vitoria por dous tantos a cero a favor dos locais. 

FB_IMG_1434966966660
Formación titular do equipo xuvenil da U.S.D. que se enfrontou ó San Martín C.F. o pasado sábado.    FOTO: U.S.D. de O Grove (Guillermo)

Na mañá do pasado sábado, os pupilos de José Manuel Vecoña lograron impoñerse ó San Martín C.F. no partido de ida das semifinais da fase de ascenso á Liga Galega. Os goles de Francisco (Kukin) e Tomás outorgan unha boa vantaxe para afrontar a visita a Vilaxoán a vindeira fin de semana. A pesares de que un 2-0 semella un gran resultado, a sensación que tiveron os espectadores que se acercaron  ó campo de fútbol de Monte da Vila foi a de non deixar sentenciada a eliminatoria. Os rapaces do equipo grovense realizaron un gran encontro, pasando por riba dos vilagarciáns en determinados momentos do partido, o que se traduciu en infinidade de ocasións de gol. A falla de puntería nos metros finais privou ós locais de contar cunha maior diferenza no marcador. O equipo visitante pode facer unha valoración positiva do resultado. Realmente puido ser moito peor para os intereses do San Martín.

Se o equipo grovense logra superar esta eliminatoria, plantarase na final da fase de promoción á liga galega. De acadar o ansiado ascenso, a vindeira tempada o equipo xuvenil competiría nunha categoría onde deberá enfrontarse contra os mellores conxuntos da comunidade galega. E de paso significaría o terceiro ascenso do club nesta temporada. Pero antes de todo isto, hai que superar o difícil trámite do encontro contra o San Martín en Vilaxoán.

Leave a Reply

Your email address will not be published.