Os xuvenís do Unión disputarán a semifinal da fase de ascenso contra o San Martín C.F.

O equipo xuvenil do Unión S.D. de O Grove dá un paso máis adiante na fase de ascenso. O empate a 3-3 no partido de volta de cuartos ante o Independiente C.F. valeulle aos mecos para pasar á semifinais.

11357386_10205438669383984_8566432947730038493_o
Momento do encontro entre o Independiente C.F. e o Unión, no partido de ida de cuartos (6 de xuño, Monte da Vila)           FOTO: Ramón Álvarez (U.S.D. de O Grove)

Subir un chanzo máis. Iso foi o que conseguiu a pasada fin de semana o conxunto que dirixe José Manuel Vecoña no partido da fase de ascenso. No enfrontamento ante o Independiente C.F. disputado o sábado no Novo Mirador de Beade, comezaron gañando os locais, que conseguiron encaixar un tanto no minuto 24 do tempo de xogo, deixando o marcador en 1-0, resultado co que se marcharía o encontro ao tempo de descanso.

Na segunda metade, ambos equipos seguiron pelexando no campo por conseguir o billete á semifinais da fase, pero o Unión entrou moi forte. Dous tantos dos grovenses, Gabriel Otero no minuto 70 e Samuel García no minuto 77, conseguían poñer por diante ao conxunto meco, pero un penalti a favor dos locais no minuto 86 subía o empate ao electrónico. Todo apuntaba a que os últimos minutos do encontro serían de infarto, e así foi. No minuto 89, o Independiente aproveitaba un erro da defensa grovense para poñer o 3 a 2, collendo a dianteira. Pero, finalmente, un penalti a favor dos mecos, disparado por Diego Abal, puxo o empate 3 a 3 goles co que remataría o encontro. Este resultado, sumado á vitoria 1-0 acadada no Monte da Vila ante o mesmo rival, deulle o pase a semifinais ao Unión, que deberá enfrontarse ao San Martín C.F., que gañou o pase a semifinais tras gañar 5-1 ao A.D. Vila do Corpus. O vindeiro sábado día 20 ás 12.10h no Monte da Vila, disputarase este encontro no que ambos equipos tratarán de seguir avanzando na fase e seguir camiñando cara o ascenso.

Resultados do Unión S.D. de O Grove na fase de ascenso

XUVENIL UNION

Leave a Reply

Your email address will not be published.