Aberto o prazo de inscripción para o Campamento Deportivo de Verán 2015

Durante os meses de xullo e agosto, o a Concellería de Deportes do Grove en colaboración cos clubs deportivos da vila, organiza, outro ano máis, o Campamentos Deportivo de Verán, destinado ós nenos e nenas nados entre os anos 2001 e 2007.

campamento deportivo de verán

 

Como cada verán nos últimos anos, a Concellería de Deportes do Concello do Grove, en colaboración cos clubs deportivos da vila, organiza o Campamento Deportivo de Verán. Esta actividade está pensada para todos nenas e nenas nados entre os anos 2001 e 2007. A oferta deportiva é moi variada e busca satisfacer todos os gustos. Haberá fútbol, baloncesto, balonmán, piragüismo, voleibol… e tamén outras actividades, coma sendeirismo, xogos populares ou deportes alternativos.

Este campamento de verán estará a disposición dos cativos ó longo dos meses de xullo e agosto. Os nenos e nenas participantes dividiranse en dous grupos. Os máis pequerrechos (os nados entre o 2005 e o 2007) asistirán os luns, mércores e venres de 10:45h a 13:30h. Os maiores (dende o 2001 ata o 2004) citaranse á mesma hora, pero mudando os días a martes, xoves e sábado.  Os pais interesados en que os seus fillos e fillas participen neste campamento teñen de prazo ata o vindeiro día 12 de xuño para formalizar a inscrición. O prezo será de 33 euros ó mes ou de 20 euros ao mes. Para inscribirse poden facelo chamando ao edificio administrativo do Concello no teléfono 986 73 06 09, ou ben poñéndose directamente en contacto co técnico de deportes do Concello, Quito, no 657 464 277.

Nos últimos veráns estes campamento contan cun maior número de participantes. O ano pasado máis dun centenar de nenos e nenas grovenses participaron nesta experiencia, que supón unha divertida e saudable maneira de ocupar as longas mañás estivais.

Leave a Reply

Your email address will not be published.