As “killers” do Rasoeiro fanse coa Copa Federación

O pavillón do Monte da Vila acolleu esta fin de semana a fase final da Copa Federación da categoría 1ª Autonómica feminina. O sábado, o equipo local, Rasoeiro B.M. e o B.M. Porriño conseguiron o pase á final do domingo.  As “killers” fixeron gala do seu nome, facéndose co trofeo de Campioas de Copa 2015 ante os seus veciños e seguidores.

11118820_872736336124737_5184435266119853539_o
Equipo senior feminino do Rasoeiro B.M. posando co trofeo de Campionas da Copa Federación 2015.                                           FOTO: Rasoeiro B.M.

O Pavillón Municipal dos Deportes do Grove foi esta fin de semana o campo de batalla da fase final da Copa Federación da categoría 1ª autonómica feminina, fase na que participou o conxunto senior feminino do club local, Rasoeiro B.M., xunto con outros tres clubs máis: B.M. Porriño, S.A.R. Shopimagen.com e Goldie Xiria.

O sábado disputáronse as semifinais. A primeira delas deu comezo ás 18.00h, enfrontando ao B.M. Porriño fronte ao S.A.R. Shopimagen.com. Pese a que o encontro comezou igualado, chegando ao descanso coas de Porriño por diante, 13-15, na segunda metade o encontro deu un xiro. As de Redondela, cunha defensa e unha portería infranqueables, conseguiron realizar un fantástico parcial de 7-0 goles, conseguindo un marcador final de 20-15 goles e o pase á final.

A segunda das semifinais enfrontou ás locais do Rasoeiro B.M. co Goldie Xiria, nun encontro no que as grovenses non tiveron problemas para facerse coa vitoria. Dende o primeiro momento as “killers” fixéronse coa dianteira do electrónico, chegando ao descanso cunha ampla vantaxe (18-10 goles), que as rapazas de Javier Luengo mantiveron ao longo da segunda metade, rematando o encontro cunha vitoria local por 31-24 goles. Así, sería o club local e as de Porriño as que lograrían o pase á final.

O domingo o pavillón do Monte da Vila volveu abrir as súas portas ao espectáculo do balonmán. Ás  10.30h daba comezo a loita polo terceiro e cuarto posto entre o B.M. Porriño e o Goldie Xiria. Na loita polo último chanzo do “podio” as de Porriño fixéronse co triunfo tras impoñerse na segunda metade do encontro. Tras chegar ao descanso cun marcador a 16-13 goles favorable para o Porriño, nos derradeiros 30 minutos do partido, as rapazas do Goldie Xiria non lograron encaixar ningún gol, mentres que as contrarias conseguían encaixar 12 máis, deixando un marcador final de 28-13 goles.

Tras este enfrontamento comezou a gran final, que disputarían o Rasoeiro B.M. e o S.A.R. Shopimagen.com. A pesar de que o adestrador do equipo local, Javier Luengo, non puido estar presente no encontro debido a un contratempo de última hora, as “killers”, dirixidas por Quito Parada (adestrador do conxunto senior masculino e ex-adestrador destas rapazas en categorías base), realizaron unha fantástica actuación na pista grovense. Debido aos esforzos das rapazas do Goldie Xiria por alcanzar ás mecas, estas non puideron repetir a ampla vitoria do sábado, se ben o marcador 28-25 goles foi suficiente para facerse cunha vitoria máis que merecida para as locais. Así, o Rasoeiro B.M. foi o conxunto que se alzou co título e trofeo de Campioas de Copa 2015, mentres que o segundo posto foi para o  S.A.R. Shopimagen.com e o terceiro para o Goldie Xiria.

Un triunfo dedicado á aficción e ás compañeiras

Dende o club Rasoeiro B.M. quixeron dar ánimos a todas as xogadoras lesionadas do equipo, Noelia , Mar, Alba, Romina…, que non puideron disputar os encontros de finais da Copa e, así mesmo, os derradeiros da tempada. Por outra banda, dende o mesmo club tamén aproveitaron o triunfo para agradecer á incondicional aficción a súa dedicación e entrega, acudindo a cada encontro da tempada, así como a esta fase final, para animar ás súas rapazas.

Cadro de resultados das semifinais e finais da Copa Federación 2015, 1ª Autonómica feminina

ENFRONTAMENTO
Elaboración propia

MÁIS FOTOGRAFÍAS DA FASE FINAL DA COPA FEDERACIÓN 1ª AUTONÓMICA FEMININA 2015

FOTOGRAFÍAS: Rasoeiro B.M.

11313028_872735142791523_7363609475445272615_o 10997318_872735462791491_408176501559708422_o 11039839_872735412791496_5014417471014757789_o  11337064_872736052791432_8555246927787647372_o 10379995_872734849458219_5677834279117056744_o11222614_872734676124903_6410420792140642590_o 11312682_872734856124885_9069491889178290398_o 10498253_872734826124888_8398923368903529383_o

Leave a Reply

Your email address will not be published.