As Killers xogarán por facerse coa Copa Federación

O equipo feminino senior do Rasoeiro BM disputa esta fin de semana a fase final da Copa Federación da 1ª Autonómica. Os catro partidos programados celebraranse no pavillón grovense do Monte da Vila. 

10698453_736522816422388_7386776074429025620_n
Formación do equipo senior feminino do Rasoeiro BM        FOTO: Rasoeiro BM

Antes de poñer o peche á tempada de balonmán, esta fin de semana poderemos asistir no Grove á fase final da Copa Federación da 1ª Autonómica categoría feminina. O pavillón do Monte da Vila será o escenario no que se disputarán os catro partidos que decidirán que conxunto se proclama campión desta competición. Entre os equipos aspirantes ó título atópanse as rapazas do club anfitrión, as Killers do Rasoeiro BM, que tratarán de brindar unha alegría a afección meca e facerse coa copa.

CARTEL_COPA_FEDERACI_N_3-212x300O sábado pola tarde, a partires das 18:00 horas, disputarase a primeira das semifinais, que enfrontará ós conxuntos do BM Porriño e o equipo redondelán do S.A.R. Ó rematar este encontro procederase a xogar a segunda das semifinais do torneo. O equipo local, o Rasoeiro BM, medirase ante as mulleres do conxunto carballés A.D. Xiria.  Os conxuntos que non loiten polo título disputarán o partido que a ninguén lle gusta xogar, a final de consolación, para dilucidar quen ocupa a terceira e a cuarta praza. No mesmo escenario que os encontros de semifinais, a partires das 10:30 horas, as vencedoras das dúas semifinais enfrontaranse na gran final, programada para ás 12:30.

Unha vez rematado o último partido, cando xa se coñeza o nome da formación gañadora, terá lugar a entrega de trofeos, tanto ós equipos como a título individual. Con este acto porase o punto e final á competición. E a tempada. Logo dun ano cheo de partidos, as mulleres adestradas por Javier Luengo collerán unhas merecidas vacacións para descansar e volver con ánimos renovados para afrontar a vindeira pretempada.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.