As cadetes do Rasoeiro B.M. proclámanse subcampioas da Copa Federación

O equipo cadete feminino do Rasoeiro B.M. disputou o sábado o encontro da final da Copa Federación fronte o B.M. Tui, nun encontro no que as tudenses se impuxeron por un resultado de 20 a 14 goles. As grovenses, que quedaron campioas de grupo na Copa Federación, poñen así punto e final a tempada, na que a vitoria da Copa quedou no tinteiro. 

11246173_866552846743086_2982367537031213152_n
Equipo cadete feminino do Rasoeiro B.M. (arriba) e seareiros (abaixo).             FOTO: Rasoeiro B.M.

A pesar dos esforzos e da gran tempada realizada, o equipo cadete feminino do Rasoeiro B.M. non se fixo coa Copa Federación. O pasado venres, estas rapazas así como tamén un grupo de seareiros, desprazábanse ata Tui para disputar o encontro da final da Copa Federación fronte o B.M. Tui, equipo que, ao igual que o Rasoeiro, quedou líder de grupo na competición.

Con todo, e a pesar do empeño das xogadoras mecas e dos ánimos da grada, as do Rasoeiro, cun equipo composto por 8 xogadoras cadete reforzado por 6 xogadoras de categoría infantil, non tiveron sorte desta vez. Así, as do Grove quedaron subcampioas tras rematar o encontro cun resultado 20-14 goles favorable ás locais, que se fixeron co triunfo na casa.

Estas rapazas poñen así punto e final á brillante tempada realizada, e comezan un merecido descanso para volver con máis forzas no mes de setembro.

Resultados do Rasoeiro B.M.

ENCONTROS FINDE 16-17 maio-1 copia

Leave a Reply

Your email address will not be published.