Vitoria das Killers por 28-22 ante o Las Cinco Jotas Lavadores

As rapazas do Rasoeiro B.M. enfrontáronse ao Las Cinco Jotas Lavadores na segunda xornada da fase de grupos da Copa Federación, gañando por 28-22 ás visitantes despois dunha primeira metade un tanto complicada para as de Javier Luengo. 

As rapazas do equipo senior do Rasoeiro B.M. contan os partidos por vitorias na Copa Federación. Nesta fase de grupos, na que as rapazas de Javier Luengo disputaron xa dous encontros, son dúas as vitorias que suman as do Rasu.

O pasado sábado o Las Cinco Jotas Lavadores visitou o pavillón dos deportes do Monte da Vila para enfrontarse ao Rasoeiro neste segundo encontro de copa. O encontro comezou con dominio visitante, cunha diferenza escasa de dous goles sobre as locais, chegando ao descanso 11-13 goles.

Pero na segunda parte do encontro, as killers tomaron o mando na pista, mellorando no seu xogo e dándolle a volta ao marcador. Conseguindo rematar o encontro cunha vantaxe de nada menos que 6 goles28-22

Agora, cun dous sobre dous no balance de partidos xogados e vitorias, as do Rasoeiro enfrontarán o derradeiro encontro da fase de grupos esta fin de semana fronte o S.D. Teucro Pescamar.

Goles por xogadora

RASOEIRO CHICASLAS CINCO JOTAS LAVADORES

Outros resultados do Rasoeiro B.M.

rasoeiro

Leave a Reply

Your email address will not be published.