O Rasoeiro B.M. remata líder de grupo na Copa Federación

O conxunto senior masculino do Rasoeiro B.M. ven de xogar a Copa Federación dunha maneira ´express´.  Debido a diferentes motivos, o equipo veuse na obriga de xuntar os dous encontros que debían xogar para a mesma fin de semana, a pasada, onde o equipo mostrou estar en forma para comezar a liga o vindeiro sábado. Tras unha vitoria e unha derrota o Rasoeiro B.M. acadou a posición de líder da táboa da Copa. 

DSC_0447Encontro entre o Rasoeiro B.M. e o Seis do Nadal-Coia no Monte da Vila.       FOTO: DeporteMeco

VER MÁIS FOTOGRAFÍAS

COMPETICIÓN: Copa Federación
RESULTADOS: Rasoeiro B.M.  27-20 Seis do Nadal-Coia
Atl. Novás  34-28  Rasoeiro B.M.

Os motores están quentes e ruxindo. A liga de balonmán vai comezar este sábado para o equipo senior masculino do Rasoeiro B.M. O conxunto que dirixe Quito Parada leva dende comezos de agosto preparando a pretempada, poñendo todo a punto para pelexar por estar no alto da clasificación da liga. Pero mentres tanto, mentres a liga non comeza, este conxunto disputou a Copa Federación enfrontándose ao Seis do nadal-Coia e ao Atlético Novás. Por diversos motivos, estes dous encontros tiveron que ser xogados na mesma fin de semana, concretamente os pasados sábado e domingo, o que puxo a proba a resistencia destes xogadores antes de comezar a liga.

O sábado o Seis do Nadal-Coia visitou a pista do Monte da Vila para disputar un encontro no que os locais dominaron o xogo dende o inicio. Pouco a pouco foron collendo distancia no marcador, chegando ao descanso cun resultado 14-09, que sería de 27-20 ao final do partido. Pero no segundo dos encontros, xogado en O Rosal na mañá do domingo, e sen apenas descanso, a sorte foi ben diferentes. Os locais (Atl. Novás) fixéronse co partido arrebatándolle a vitoria ao Rasoeiro, deixando o marcador nun 34-28.

Con todo, e a pesar de ter perdido un dos dous encontros, o Rasoeiro B.M. rematou no máis alto da clasificación da Copa Federación, sendo o equipo que sumou menos goles en contra. Agora toca pensar xa na liga que se estreará o vindeiro fin de semana. O primeiro rival do conxunto meco será o S.D. Teucro Asegrup, e o encontro disputarase no Pavillón Municipal dos Deportes o sábado 4 de outubro ás 17:30h.

GOLES POR XOGADOR, ENCONTRO RASOEIRO B.M. vs SEIS DO NADAL-COIA

RASOEIRO BM GOLES_Página_1SEIS DO NADAL-COIA GOLES_Página_1

 CLASIFICACIÓN FINAL DA COPA

COPA FEDERACIÓN_Página_1
FONTE: Federación Galega de Balonmán

Leave a Reply

Your email address will not be published.