Entrevistas

“Hai equipo para quedar entre os tres primeiros da Liga”

“Hai equipo para quedar entre os tres primeiros da Liga”

Jose Diego Portela Castro (O Grove, 06/05/1976) é unha lenda viva do remo grovense. A súa vida sempre estivo ligada ó deporte das traiñeiras. Competiu no máis alto nivel e tamén desempeñou labores administrativas tanto no club da súa vida como na Liga Galega de Traiñeiras. O Amegrove C.R. non sería o que é sen a […]

“Non esperaba ser seleccionada para o Mundial”

“Non esperaba ser seleccionada para o Mundial”

Eva Gómez Campelo (21/10/91, O Grove) é un moza da vila que tenta labrarse un futuro na docencia e á que lle gusta o deporte. Pero tamén é unha das xogadoras máis destacadas do equipo grovense feminino de fútbol gaélico, Mecas F.G. Este ano viviu experiencias inesquecibles grazas a este deporte: xogar un mundial coa selección […]

“Ogallá poidamos estar en Río 2016! Ese é o obxetivo”

“Ogallá poidamos estar en Río 2016! Ese é o obxetivo”

Manuel Antonio Campos García, “Tono” Campos (O Grove, 15 de xullo de 1985) é, posiblemente, o deportista máis laureado na historia do deporte meco. Conta no seu haber cun gran número de metais acadados en diferentes campionatos, tanto de carácter autonómico, coma nacional, europeo e mesmo mundial. Ademais de excelente deportista, este integrante do Corpo […]

Os cadetes do Unión acadan a elite

Os cadetes do Unión acadan a elite

Volvérono facer! Os rapaces da U.S.D. de O Grove que compiten en categoría cadetes acadaron por segundo ano consecutivo un ascenso. Esta vez da Liga Galega a División de Honra. A vindeira tempada o conxunto meco atoparase no teito da categoría. Entre os 16 mellores equipos galegos. Na elite autonómica cadete. Case nada. Os integrantes […]

Fútbol Gaélico, o deporte que engancha polos seus valores

Fútbol Gaélico, o deporte que engancha polos seus valores

Hai xa case dous anos que comezamos a escoitar iso de “fútbol gaélico” polo Grove, pero aínda que este deporte xa lle é familiar a moitos, aínda hai quen o descoñece ou quen non entende moi ben como esta modalidade de fútbol irlandés chegou á nosa vila. Por este motivo, falamos con Anxo Llorente, vicepresidente […]

“No club temos un denominador común: pasalo ben facendo deporte”

“No club temos un denominador común: pasalo ben facendo deporte”

O Club Deportivo Ría de Arousa é unha agrupación grovense de afeccionados ó atletismo e ao ciclismo que, a pesar de mudar o seu nome en varias ocasións, conta xa cunha ampla historia. Dende os seus inicios como o Club de Atletismo Venturiña, fundado aló polo 2004, este equipo de afeccionados ao deporte pasou xa […]

“O nivel de actividade física do Grove non é comparable co de ningunha outra vila”

“O nivel de actividade física do Grove non é comparable co de ningunha outra vila”

Meco de nacemento e apaixonado do deporte e da actividade física, Francisco Parada leva media vida dedicándose a mellorar o estado físico dos grovenses así como os resultados na competición de varios equipos locais. Xogador do Rasoeiro B.M. durante dende os 6 anos, foron 24 as tempadas nas que este grovense competiu formando parte do […]

“O noso club chegará a onde os nosos xogadores se propoñan”

“O noso club chegará a onde os nosos xogadores se propoñan”

O Club de Baloncesto O Meco é un equipo local que conta xa con 15 anos de historia no Grove. Foi alá polo ano 1999 cando este club comezou a súa andaina no mundo do baloncesto cun obxectivo e uns principios moi claros: acadar unha gran base de basket no Grove educando aos cativos dende […]